A SEREÍÑA


No blog Xiralibro de CEIP Fleming podemos ver unha versión moi bonita deste conto de Andersen. Preme AQUÍ e disfruta co conto.



PROBA PARA O PASAPORTE. Infantil e 1º Ciclo de Primaria.
Se superades esta proba conseguiredes a pegatina para o pasaporte da nosa biblioteca. 
Premede AQUÍ  e  ánimo, fixádevos ben e non falledes!!


PROBA PARA O PASAPORTE. 2º e 3º Ciclo de Primaria.


Chegou o momento de conseguir a terceira pegatina para o pasaporte de Vaille co Conto. Vades ter que investigar un pouco xa que a proba trata de buscar probas sobre a existencia de sereas nas nosas costas. Sí, sí, estades lendo ben. Dicen as mulleres e homes do mar que teñen visto sereas, sereas moi particulares.

De feito hai unha lenda que se parece moito ó conto da Sereíña de H. C. Andersen.

Conta esta lenda que  un poderoso Duque de nome Froilaz, protexía cos seus barcos as costas de Galicia dos ataques musulmanes e vikingos. Un día, navegaba polas Illas Cíes, cando se desatou unha poderosa tormenta. Os barcos de don Froilaz foron lanzados contra as rochas no medio da tormenta, moitos homes morreron; pero, a nave de Don Froilaz encallou nas costas da Illa de Salvora. Alí, Don Froilaz camiñaba pola  praia cuando viu unha fermosa aparición. Unha fermosa serea se encontraba na praia  donde a tormenta a arroxara. Don Froilaz e Doña Marinha, que así se chamaba a fermosa serea, se namoraron ó instante e os dous co tempo tuveron un fillo ó que chamaron  Xoán, pola noite de San Xoan. Co tempo, Doña Marinha que era filla do océano, e cando morreu don Froilaz, regresou os mares de Galicia, en donde aún namorada do poderoso duque, vive entre as olas.

Ímosvos a axudar un pouco na investigación. Premede nos seguintes enlaces e leede con moita atención. Despois teredes que contestar unhas preguntas.

 Galicia Encantada.

Mitoloxía Galega


Galicia Espallada. As Maruxainas

Galicia Única.


PREGUNTAS PARA SUPERAR A PROBA.

1.  Qué nome reciben tamén as sereas en galego?

2.  Qué levan as sereas nas mans, segundo a mitoloxía galega? Qué rasgos teñen as sereas das nosas costas?

  Qué festa se adica as sereas en Galicia? Cándo se celebra? Dónde?

4. Qué letanía cantan os mariñeiros de Cervo para non ter problemas cas sereas?

5. Conoces algunha lenda sobre as sereas? Pregúntalle ós teus avós si algunha vez oíron falar de sereas.








No hay comentarios:

Publicar un comentario